A Guarda da a benvida ao mes de Maio
Con actividades culturais, deportivas e turísticas
Infogauda / A Guarda
A Guarda recibe o mes de maio con actividades culturais, deportivas e turísticas, nas que se inclúen dúas obras de teatro, un torneo de xadrez, unha exposición e visitas guiadas ao Monte Santa Trega.
Programación
Venres, día 3 de maio
O venres día 3 ás 21:00 horas, o Centro Cultural será o escenario da representación teatral de «La compañera de piso», a cárrego da compañía Contraproducións.
A obra «La compañera de piso», de Jen Silverman, destacada pola crítica americana coma unha mistura de “Thelma & Louise”, “A estraña parella” e “Breaking Bad”, xa ten sido representada con éxito por varias compañías nos Estados Unidos.
Contraproducións presenta a primeira adaptación fora dos escenarios norteamericanos en co-produción co Centro Dramático Galego.
As entradas para este evento están xa esgotadas.
Sábado, día 4 de maio
O
sábado a partires das 11:00 horas celebrarase no Colexio Padres Somascos a XIX
edición do Torneo de Xadrez Concello de A Guarda, evento organizado polo
Clube Albatros, valideiro para o XIV Circuíto Galego de Xadrez,
Promoción 2019.
Ás
11:30 horas realizarase a visita guiada ao Castro do Monte Santa Trega, que
terá como punto de encontro a vivenda reconstruída no xacemento arqueolóxico e terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás
17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con
punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración
aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter
gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas recoméndase facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A
taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para
menores de 14 anos.
O sábado día 4 de maio ás 17:30 horas o Centro Cultural acolle a obra de teatro para público infantil e familiar «Bon Appétit».
Explosións, tortazos, persecucións, sustos, malos entendidos,….ingredientes para unha comedia total en clave de clown.
Entrada libre ata completar o aforo.
Montserrat Magallanes Álvarez, Praxíteles González Martínez e Antonio Baz Lomba ollando ás maquetas e figuras expostas na Fortaleza de Santa Cruz, de A Guarda
O Centro de Interpretación das Fortalezas, na fortaleza de Santa Cruz acolle a exposición de Praxíteles González Martínez na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como a ponte do Tamuxe, a igrexa de Santa Mariña do Rosal, o muíño serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, ademais das maquetas das Catedrais de Santiago de Compostela e Notre Dame, de París.
Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista.
Horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.
Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.
Domingo, día 5 de maio
Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro do Monte Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento arqueolóxico, e terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h haberá dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas se recomenda facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
O Centro de Interpretación das Fortalezas na fortaleza de Santa Cruz acolle a exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González.
Horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.
Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.




Ningún comentario:
Publicar un comentario