18 de maio de 2019

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A veciñanza de Camposancos abarrota un acto no que Merchi Martínez pide o voto ao BNG 

Para acceder a Alcaldía da Guarda e a Entidade local Menor   

Anxo Baz (candidato  do BNG á Alcaldía de A Guarda): “Con Merchi Martínez teredes a unha camposina do voso lado, escoitándovos e atendéndovos. E cun goberno do BNG na Guarda: traballo, traballo e traballo para unha Guarda diferente”   
                                               
 Anxo Baz, candidato do BNG á Alcaldía de A Guarda


Detalle do auditorio ateigado

Camposancos / Infogauda

 O BNG celebrou no día de onte un acto público na Casa da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos. Diante dun auditorio abarrotado o BNG presentou a Mercerdes Martínez Vázquez (Merchi) como candidata á Presidencia da Entidade Local Menor de Camposancos e a Anxo Baz como candidato á Alcaldía da Guarda.  


 Merchi Martínez Vázquez, candidata á Presidencia da Entidade

“Queremos abrir a Entidade aos veciños e veciñas, regulamentar os plenos, informar ao pobo. Cun goberno do BNG na Entidade escoitaremos aos veciños e veciñas, ver as vosas necesidades, limpeza, reposición de camiños, ...” sinalou Merchi Martínez, ante o aplauso da veciñanza de Camposancos nun ateigado salón.  

 Anxo Baz, candidato do BNG á Alcaldía da Guarda, asegurou que con Merchi Martínez “teredes a unha camposina do voso lado, escoitándovos e atendéndovos”. Sinalou que “un goberno do BNG, vai ser un goberno de compromiso co pobo, de traballo diario, fuxindo dos grandes anuncios que logo quedan en nada. Traballo, traballo, traballo, para unha Guarda diferente”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario