20 de abr. de 2019

RIBADAVILA (A GUARDA)

A COMISIÓN DE FESTAS NA HONRA DA VIRXE DA GUÍA ORGANIZA UNHA CEA-BAILE

Celebrarase o sábado día 4 de maio, ás 21:30 horas, no Restaurante Novo Muiño, en Camposancos




Infogauda / A Guarda

 Así como en 2018 non houbo quen organizase ás festas na honra da Virxe da Guía, en Ribadavila (A Guarda), podemos informar que un equipo humano presidido por José Antonio Trinidad Cadilla xa está traballando na organización dos festexos neste 2019. E para comezar, o sábado día 4 de maio, ás 21:30 horas, no Restaurante Novo Muiño, de Camposancos (A Guarda), celebrarase unha cea-baile, no decurso da cal terá lugar á presentación da nova comisión de festas.

 O menú será o seguinte:
· Aperitivos variados
· Langostinos cocidos.
· Vieiras
· Peixe ou carne, a elexir
· Sobremesa
· Viño, auga, refrescos
· Café

 O prezo por persoa é de 25 euros, e para menores de 10 anos 50%.

 Os teléfonos para anotarse son os seguintes: 

 675 800 384
 645 741 942

 As prazas son limitadas. Reservas ata o día 1 de maio.

 O lugar para á recollida das entradas é: Estanco César (rúa San Bernardo, 45), A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario