20 de abr. de 2019

VILANOVA DE AROUSA

Alfonso Rueda resalta a experiencia de goberno e o balance de xestión eficaz do PP en Vilanova, que presenta “o mellor equipo”  

• O presidente provincial sitúa a Pablo Casado como única alternativa a Pedro Sánchez e chama a concentrar o voto no Partido Popular nas eleccións do 28 de abril, que son “importantísimas”.  

• A número un da provincia na lista ao Congreso, Ana Pastor, defende que os populares son un “valor seguro” para o emprego e a creación de oportunidades. “ O partido que mellor defende a Galicia”, suliñou.  

• Gonzalo Durán presenta ás 27 persoas que concorrerán na súa lista na cita do 26 de maio.  

 Infogauda / Vilanova de Arousa

 O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, resaltou hoxe a experiencia de goberno e o balance de xestión eficaz do PP en Vilanova de Arousa, que presenta “o mellor equipo” para gañar as vindeiras eleccións do 26 de maio.  

 Durante un mitin celebrado na localidade do Salnés,  que tamén serviu de presentación da candidatura de Gonzalo Durán, Rueda confiou en obter un magnífico resultado nas vindeiras dúas citas coas urnas, empezando pola do 28 de abril, nas que situou a Pablo Casado como “única alternativa” a Pedro Sánchez. Deste xeito chamou a concentrar o voto no Partido Popular, incidindo en que “todo o que non sexa votar ao PP e votar a Pedro Sánchez”.   

 O presidente provincial insistiu en que as eleccións do día 28 son “importantísimas” tanto para o conxunto de España como para Galicia, xa que está en xogo o futuro da economía, do emprego, das pensións e dos proxectos que necesita este país, recalcaldo a importancia de apostar por unha marca “recoñecida e recoñecible” coma o PP. Un partido que ten “experiencia e folla de servizos”, frente aos aventureiros ou os que só miran intereses particulares por riba dos común.  

 Durante a súa intervención, Rueda definiu os candidatos populares tanto ao Congreso como ao Senado como a mellor garantía para defender os intereses da provincia en Madrid. “Un equipo que combina a experiencia coa renovación, priorizando a representación territorial”, dixo, poñendo en valor a presencia de Ana Pastor como número un da lista á Cámara Baixa. “Un luxo para a provincia, que traballou sempre por Pontevedra. Non podíamos ter unha candidata mellor”.  

 Pola súa banda, Ana Pastor calificou ao Partido Popular como un “valor seguro” para a creación de emprego e oportunidades. “O partido que mellor defende a Galicia”, suliñou. “Un partido preparado para gobernar, que sacou a España da peor crise da súa hisotira, e no que se pode confiar para afrontar o futuro”, engadiu.  

 Finalmente, o candidato á Alcaldía de  Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, presentou ás 27 persoas que irán na lista coa que concorrerá ás eleccións municipais, cuxa composición detállase a continuación. 
  
CANDIDATURA DO PP DE VILANOVA ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 26 DE MAIO

1.                Gonzalo Durán Hermida
2.                Javier Tourís Romero
3.                Nuria Morgade Pouso
4.                Eliana Vidal Freire
5.                Adrián Baños Abal
6.                Ana María Carballa Magariños
7.                Agustín Noya Meixus
8.                Manuel Sineiro Cores
9.                María Isabel Martíns Gómez
10.          Oscar Fernández Somoza
11.          Paula Viñas Santos
12.          Leticia López Martínez
13.          Rocío Rial Ozores
14.          Benito Portas Blanco
15.          José Manuel Resúa Cordal
16.          María Rosa Leiro Conde
17.          Jacinto Vidal Lago

18.          Yolanda del Río Piñeiro
19.          María Sulay Costa Piñeiro
20.          Lorena Oubiña Aragunde
21.          Carlos Lede Pérez
22.          José Manuel Rellán Reiriz
23.          María Teresa Barreiro Iglesias
24.          María Rosa Rodríguez Lago
25.          Marta Pedrouzo Piñeiro
26.          Benigno Julio Pérez Santos
27.          Serafín Oubiña Diz

Ningún comentario:

Publicar un comentario