10 de abr. de 2019

PONTEVEDRA

Mariano Rajoy abrirá este venres a campaña en Pontevedra cun acto no Auditorio da Sede Afundación

• A cita, organizada polo PP de Pontevedra, empezará ás 20:30 horas  

• Tamén participarán o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a número un da lista ao Congreso, Ana Pastor e o candidato á Alcaldía da cidade, Rafa Domínguez   
 
PP / Pontevedra

 O presidente Mariano Rajoy abrirá este venres en Pontevedra a campaña das eleccións xerais convocadas para o 28 de abril cun acto que se celebrará no Auditorio da Sede Afundación e que está organizado polo PP provincial presidido por Alfonso Rueda.   

 Ademais de militantes, simpatizantes e amigos do presidente Rajoy, na cita, que dará comezo ás 20:30 horas, tamén participarán o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a número un na lista ao Congreso dos populares da provincia, Ana Pastor, e o candidato á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez.  

 Coa súa presencia en Pontevedra, que terá continuidade ó día seguinte cun xantar mitin no Baixo Miño, Mariano Rajoy evidencia a gran importancia que ten a provincia para o Partido Popular, que confía en obter un magnífico resultado tanto nos comicios do 28 de abril como posteriormente nas municipais do 26 de maio.  

 Tras ensalzar a “extraordinaria faceta humana” de Mariano Rajoy, Alfonso Rueda o definiu como un gran presidente do Goberno, destacando as políticas que levou a cabo para sacar ao país “da peor crise da súa historia” e para facer frente ao desafío secesionista en Cataluña. “Unha situación inédita”, lembrou.  

 O presidente provincial agradeceu a Rajoy que elexira Pontevedra para o seu primeiro acto de campaña, “unha cidade a que representa mellor que ninguén”. “Decir Mariano Rajoy é decir Pontevedra. E estamos moi orgullosos”, suliñou. 

 Por último, indicou que a lista dos populares ao Congreso e ao Senado é “un valor seguro” que “aúna experiencia e xuventude”.  Os nosos candidatos son “a mellor garantía para a defensa dos intereses da provincia en Madrid”. O PP “é un partido recoñecido e recoñecible, con vocación de goberno e que vai sair a gañar nos próximos comicios”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario