CULTURA
TEATRO: “O FURANCHO”
SÁBADO 13 DE ABRIL ÁS 21:00H NO AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL
Fonte: Concello do Rosal
O vindeiro 13 de abril ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal do Rosal a compañia Ibuprofeno-Teatro presenta: “O FURANCHO”.
Sipnose:
No noso Furancho pode consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comuñón e de complicidade no que o público se empapa coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante. E para os que non beben alcol en exceso, no noso balneario Furancho Vitivinícola Rosalía de Castro ofrécense tratamentos de beleza e saúde baseados na vinoterapia. O corpo humano é unha vide que se expande. Cada célula é unha uva que flúe no interior. Cruzamos as sementes das variedades máis exquisitas para atopar a combinación perfecta que che achegue relax e benestar. Todo iso sen produtos químicos nin sulfitos. Ecolóxico 100%.
Categoría: En cartel, Comedia, Contemporáneo, Familiar Duración: 80′
Autoría: Santiago Cortegoso
Dirección: Santiago Cortegoso
Premios: Premio María Casares 2016 ao Mellor Vestiario, Finalista nos Premios María Casares 2016 ao Mellor Autor, Premio Fetega (Festival do Carballiño) a Mellor espectáculo e Mellor Actriz (Isabel Risco)
Ficha artística: Creación e interpretación: MARIÁN BAÑOBRE e ISABEL RISCO
Texto e Dirección escénica: SANTIAGO CORTEGOSO Movemento escénico: CARMELA BO
Deseño de iluminación: SALVADOR DO RÍO
Imaxe: DIEGO SEIXO
Deseño de vestiario: MARIÁN BAÑOBRE
Realización de vestiario: MARÍA NEGREIRA (CDG)
Zuecos: ELENA FERRO
Deseño do espazo escénico: SANTIAGO CORTEGOSO e MARIÁN BAÑOBRE
Diseño de son: QUITO
Música: RADIO COS
Cobertura técnica: NINGURES PRODUCIÓN
Produción: IBUPROFENO TEATRO, COA COLABORACIÓN DA AAAG E DO CDG
Ningún comentario:
Publicar un comentario