10 de abr. de 2019

O ROSAL

EXPOSICIÓN “MULLERES NA HISTORIA” NO CONCELLO DO ROSAL

Estará aberta todo o mes de abril e o seu horario será pola mañás de 10.00 a 14.00 e polas tardes de 16.00 a 20.00 h


Fonte: Concello do Rosal

 Desde o luns día 8 de abril está aberta ao público a exposición de fotografías “MULLERES NA HISTORIA” que nesta ocasión fai referencia ao río e as súas costumes, afeccións e os traballos relacionados con el. Estará aberta todo o mes de abril e o seu horario será pola mañás de 10.00 a 14.00 e polas tardes de 16.00 a 20.00 h.  

 Queremos agradecer a tódalas persoas que colaboraron coa achega das fotografías e que permiten que o concello poda realizar esta exposición e esta sexa a súa cuarta edición. A súa colaboración é fundamental para que poidamos desfrutar toda a veciñanza deste tesouro fotográfico.  

 Este ano hai colgadas 64 fotografías de moitas situación diferentes: ocio no río, pesca do meixón e da solla, mulleres recollendo “jramón” no Turrueiro, persoas indo ás “jallas”, fotografías do Muiño das Aceñas e do Aserradeiro do Tamuxe dos anos 50, etc. 

 E acompañando á exposición de fotografías está exposta unha pequeña mostra dos aperos empregados na pesca do río, redes lampreeiras, de meixón e sollas, así como un viveiro ou rizóns.  

 Esperamos que conte con tanta afluencia como en anos anteriores e desexamos que sexa de agrado a todas e todos os veciños.

Ningún comentario:

Publicar un comentario