9 de abr. de 2019

MOVEMENTOS SOCIAIS

“Medidas para a nova xestión dos saltos e aproveitamentos hidroeléctricos no territorio de Galiza” 

A CIG presentou hoxe en Vigo esta Iniciativa Lexislativa Popular
 

Os secretarios nacional da federación de Industria, Xoán Xosé Bozas - a der. de imaxe -, e o comarcal de Vigo, Alberto Gonçalves
Foto:CIG 

Infogauda / Vigo

 A CIG presentou hoxe en Vigo a Iniciativa Lexislativa Popular “Medidas para a nova xestión dos saltos e aproveitamentos hidroeléctricos no territorio de Galiza”. Os secretarios nacional da federación de Industria, Xoán Xosé Bozas, e o comarcal de Vigo, Alberto Gonçalves, foron os encargados de debullar os detalles da ILP, en cuxo apoio se están a recoller sinaturas tanto nos centros de traballo como na rúa.

Resumo do contido da ILP e as relamacións da CIG
 
XESTIÓN DOS SALTOS E APROVEITAMENTOS HIDROELÉCTRICOS 

•    O sector enerxético é un valor estratéxico para Galiza polo relevante que é na produción industrial e polo que representa no PIB. 
•    Pero non temos capacidade para deseñar una estratexia enerxética propia. 
•    Fómonos especializando na xeración de electricidade e sempre fomos suministradores de enerxía eléctrica para o resto do estado español. 
•    Temos 166 centrais hidráulicas das cales 45 son grande hidráulica e 121 pequena hidráulica. 
•    Asolagamos vales e poboacións e terras fértiles. 
•    É a pesares disto nunca sacamos ningún proveito desta actividade económica. 
•    O modelo de explotación era que quen facía o investimento era quen se quedaba coa concesión por un período de 75 anos para a súa explotación. 
•    Unha vez rematada a concesión alexislación obriga a revértelas a Administración Pública en perfectas condicións de funcionamento. 
•    A falla de transparencia e as modificacións lexislativas acomodáronse as concesións iniciais os intereses das concesionarias. 
•    Esta falla de transparencia fai que a día de hoxe non se coñezan datos básicos como son cando se remata una concesión. 
•    Necesitamos saber cando foi o inicio da concesión, das prorrogas se as houbo e cal foi o motivo, a data de remate da concesión e os compromisos adquiridos polas empresas concesionarias. 
•    A día de hoxe non se coñece ningunha planificación para a recuperación destes activos de xeración eléctrica e reversión o patrimonio público. 
•    Se existira una política deseñada a este respecto permitiría destinar os beneficios da produción hidroeléctrica a abaratar o custe da electricidade. 
•    Tanto para as familias como para as industrias e as empresa e isto favorecería a que Galiza tivera algún beneficio.   Que pretendemos con esta ILP 
•    Garantir esta reversión ou retorno así como se vaian rematando as concesións. 
•    Que a Xunta participe directamente ou a través de empresas mixtas no aproveitamento destes recursos enerxéticos e saltos hidráulicos. 
•    Que os beneficios acadados por esta produción hidroeléctrica sirvan para abaratar o custo da electricidade tanto para as familias como para as empresas. 
•    Deste xeito amortiguaríamos a desertización industrial na que vivimos, o desemprego e a emigración. 
•    A riqueza da país para os galegos e galegas, persoas e empresas. 
•    A enerxía ao servizo do pobo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario