25 de abr. de 2019

GOIÁN (TOMIÑO)

Alfonso Rueda: “Pablo Casado é o presidente do Goberno que necesita España e Esteban González a mellor elección para Tomiño”
  
•    O presidente provincial amosa a súa confianza en obter un gran resultado tanto este domingo, 28 de abril, como o 26 de maio, destacando o “importantísimo apoio” que están recibindo os populares en todos os concellos. 

•    A número un da lista ao Congreso, Ana Pastor, afirma que o PP “é a única opción sensata é moderada para gobernar España”.

•     Esteban González Miranda presentou ás 19 persoas que o acompañarán na lista coa que concorrerá aos comicios municipais.    

Infogauda / Goián (Tomiño)

 O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou que Pablo Casado é o presidente do Goberno que necesita España e que Esteban González é a mellor elección para a Alcaldía de Tomiño. Neste sentido, chamou a concentrar o voto no Partido Popular tanto nas eleccións municipais do 26 de maio como nas xerais que se van celebrar este domingo, 28 de abril, pois os populares son a única alternativa a Pedro Sánchez.  

 Durante a súa intervención nun mitin comarcal celebrado no Auditorio de Goián, no que Esteban González presentou a lista coa que concorrerá aos comicios locais, Rueda destacou aos candidatos do PP ao Congreso e ao Senado como “o mellor equipo posible” para defender os intereses da provincia en Madrid liderado por unha “garantía” como Ana Pastor, á que agradeceu o seu “compromiso permanente” con Pontevedra.   

 “Unha lista que aúna experiencia con xuventude. Que prioriza a representación territorial e que defende propostas concretas para os galegos”, suliñou o presidente provincial, fronte aos que non inclúen nin unha liña no seu programa para a nosa comunidade. Así mesmo destacou as “boas sensacións” que está transmitindo a campaña para o PP da provincia. “Estamos recibindo moitísimo apoio en todos os concellos”, incidiu.   

 Sobre  Esteban González asegurou que vai ser “un magnifico alcalde” a partir do 26 de maio, xa que “Tomiño necesita urxentemente un cambio”, sinalando que o mellor impulso para sacar un gran resultado nesa cita e gañar as eleccións xerais.  

 Pola súa banda, Ana Pastor, remarcou que o PP é “un valor seguro” para  emprego e as oportunidades, cun proxecto que defende a baixada de impostos e a aposta polas pymes e os autónomos. “España non pode permitirse catro anos mais de Pedro Sánchez”, analizou, apuntando que “a única opción sensata e moderada para gobernar é a que representa o Partido Popular”.  

 Finalmente, o candidato á Alcaldía de Tomiño, Esteban González Miranda, presentou a lista cos 19 nomes que o van acompañar na súa candidatura para as eleccións locais do 26 de maio.

CANDIDATURA DO PP DE TOMIÑO ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 26 DE MAIO

 1. Esteban González Miranda 
 2. Diego Domínguez Martínez
 3.  Raquel Ozores López
 4.  Isabel Díaz Iglesias
 5.  Daniel Pousa Vicente
 6.   Germán Castro Barbosa
 7.    Patricia Calvar López
 8.   José Manuel Montes Díaz
 9.     Noelia Rodríguez González
10.  Ána Belén Vicente Vicente
11.   Lidia Claro Silva
12.   José Carlos Domínguez Cuña
13.   Álvaro Álvarez Vaz
14.    Joaquín Rodríguez Álvarez
15.    Vanesa Vila Pérez
16.    Guillermo Comesaña Lago
17.    Yolanda Fernández Vázquez

18.   Manuel Fernando Rodrigues Conde
19.    César Augusto Pérez Ares
20.     Laura Orores López

Ningún comentario:

Publicar un comentario