25 de abr. de 2019

A GUARDA

CULTURA

A Guarda prepárase para despedir o mes de abril 

Con actividades culturais, exposicións, música e unha quedada multimarca   
 

O alcalde Antonio Lomba Baz e a concelleira e deputada provincial Montserrat Magallanes Álvarez, con Praxíteles González Martínez, autor das maquetas e esculturas que se expoñen naa Fortaleza de Santa Cruz 
Foto: C.A.G. 


Infogauda / A Guarda
 A Guarda prepárase para despedir o mes de abril cunha programación de actividades para esta fin de semana na que se inclúen unha nova sesión de Contos Contados na Biblioteca Pública Municipal; un concerto da Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, unha quedada automobilística multimarca e a exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González Martínez, no Centro de Interpretación das Fortalezas na Fortaleza de Santa Cruz. 

Programación

Sábado 27 de abril

 O Centro de Interpretación das Fortalezas na Fortaleza de Santa Cruz acolle a exposición de Praxíteles González Martínez, na que se mostran varias maquetas do artista rosaleiro, como a Ponte do Tamuxe, a Igrexa de Santa Mariña do Rosal, un Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e de Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. 

Horario: de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive. 


 A Biblioteca Pública Municipal celebra o "Día Internacional do Libro" que se conmemorou o pasado 23 de abril, cunha sesión de Contos Contados que terá lugar o sábado día 27 de abril ás 11:30 horas.  

 María Salinas García e Berto Pirata, autores do libro "Elefantes de papel" colaboran de forma desinteresada cunha creación orixinal: "Contos de animais". Nenos, nenas e familias, estades todos e todas convidados a participar! 

 Ademáis, ata o sábado 27 de abril, todas as persoas que se acheguen á Biblioteca Pública Municipal poden levar un libro como agasallo. 
 


  Tamén na xornada do sábado, a partires das 16:00 horas, o aparcadoiro da Sangriña acollerá unha quedada automobilística multimarca con exposición de coches de rally, motos, inchables para nenas/os, sorteos e música co DJ Diego Mariño. 

 Asemade, o sábado ás 20:00 horas, a Casa dos Alonso acollerá o Concerto de Primavera da Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda e do Coro do Conservatorio de Música de A Guarda. 

 Entrada de balde. 

 Domingo 28 de abril

 O Centro de Interpretación das Fortalezas na Fortalez de Santa Cruz acolle a exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González Martínez.

Horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

Ningún comentario:

Publicar un comentario