25 de abr. de 2019

A GUARDA

FORMACIÓN

Novas accións formativas propostas pola Omix da Guarda para abril e maio   


 Infogauda / A Guarda

 Neste abril arrancou un curso de inglés proposto dentro das iniciativas da OMIX deste ano 2019.   

 Ademais e coa colaboración da Escola Superior Gallaecia levaranse a cabo dous obradoiros sobre «Cómo realizar un proxecto artístico?» e «Técnicas de comunicación».  

 O primeiro titulado «Cómo realizar un proxecto artístico?», terá unha duración de tres horas, o día 3 de maio de 16:00 a 19:00 horas nas que tratarase os seguintes temas: definición dun proxecto artístico, temáticas e procesos creativos, planificación e memoria dun proxecto creativo.   

 O segundo dos obradoiros desenvolverase no mes de maio, «Técnicas de comunicación» coa seguinte programación: procesos info comunicativos, comunicación e información dixital e ferramentas comunicativas, e que impartiráse o día 7 de xuño de 16:00 a 19:00 horas.   

 Para esta formación as persoas interesadas terán que dirixirse ata a OMIX ou poñerse en contacto a través do seguinte enderero electrónico:

 informacion@aguarda.es 

 Ou no teléfono 986 610 000.

Ningún comentario:

Publicar un comentario