DEPORTES
O Concello dota dun desfibrilador externo semiautomático á Piscina Municipal
Este novo equipo súmase aos xa existentes en varias instalacións municipais
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal que preside Antonio Lomba Baz fixo público que esta semana o Concello de A Guarda, a través da Concellería de Deportes, realizou a entrega dun desfibrilador externo semiautomático (DESA) para o seu uso nas instalacións da piscina municipal.
Este novo equipo súmase aos xa existentes en varias instalacións municipais coma o Clube de Remo Robaleira, o Pavillón Municipal, o Estadio Municipal da Sangriña, o GES de A Guarda e, dende esta semana, a piscina municipal.
Un desfibrilador externo semiautomático é un aparato electrónico portátil que diagnostica e trata a parada cardiorrespiratoria cando é debida a fibrilación ventricular (na que o corazón ten actividade eléctrica pero sen efectividade mecánica) ou a unha taquicardia ventricular sen pulso (no que existe actividade eléctrica e neste caso o bombeo sanguíneo é ineficaz), restablecendo o ritmo cardíaco efectivo, eléctrica e mecánicamente.
Tendo en conta que morren entre 500 e 1.000 persoas ao día por un infarto, é importante, ter a man un desfibrilador ante o que poda acontecer, de xeito que se poden salvar moitas vidas. Os desfibriladores portátiles de nova xeración permiten solventar unha actuación de emerxencia de maneira sinxela.

Ningún comentario:
Publicar un comentario