Conferencia en Goián do enxeñeiro de montes Juan Picos sobre os incendios e planificación do territorio
O venres 12 de abril ás 20:00 horas, no Centro Goianés
Zara Pousa Arbones / Goián
O Centro Goianés organiza o venres 12 de abril ás 20:00 horas unha conferencia de Juan Picos Martín, director da Escola de Enxeñaría de Montes de Pontevedra da Universidade de Vigo titulada “Os incendios de 2017. Que aprendemos para mellorar a planificación forestal”.
Juan Picos falará da necesidade dunha xestión adecuada dos montes e dos usos do solo para reducir o risco de incendio e mellorar a resistencia do monte, polo que os incendios tenden a ser cada vez máis agresivos e perigosos para a poboación. Un estudo sobre os incendios de 2017 na provincia de Pontevedra leva a este experto a analizar os lugares onde parou o lume para establecer puntos estratéxicos onde se debe actuar para previr.
Juan Picos considera que a sensibilización e formación das comunidades locais e dos responsables políticos é clave para planificar mellor o territorio, atendendo aos múltiples factores que inflúen nos lumes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario