A lamprea do Río Miño é a raíña da mesa
Nas fins de semana gastronómicas de A Guarda
O alcalde de A Guarda e a concelleira de Cultura, cos propietarios do restaurante Xantar, degustando lamprea do río Miño
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Ata o 14 de abril todas as persoas que desexen degustar a lamprea do Río Miño preparada á bordalesa poderán achegarse á Guarda nas fins de semana ata o vindeiro 14 de abril.
O Concello de A Guarda, en colaboración cos establecementos hostaleiros da vila, organiza as xornadas gastronómicas «Lamprea do Miño», que estánse celebrando dende o 23 de marzo, en 10 bares e restaurantes co obxectivo de potenciar A Guarda como destino gastronómico da lamprea.
Durante estas xornadas, veciños da nosa vila e a súa contorna poderán degustar a lamprea na súa preparación máis tradicional, á bordalesa, a un prezo único por ración de 22€. A lamprea enteira terá un prezo de 65€. Dada a larga elaboración que precisa este manxar é preciso a reserva previamente nos restaurantes.
Os establecementos adheridos a esta campaña son os restaurantes Area Grande, Arruaz, Brétema, Bar Casa Aquilino, Enxebre, La Pizzicata, Marbella, O Cangrexal, O Roxo e Xantar.
Esta nova iniciativa gastronómica transformouse o ano pasado da vontade conxunta de impulsar a gastronomía local e a súa riqueza, centrando os esforzos na exaltación dun dos manxares máis descoñecidos do noso río. Este ano aumentáronse as fins de semana para que todos os interesados podan degustar a lamprea na súa elaboración máis tradicional e como leva preparándose durante xeracións na Guarda.
César Verde, chef do restaurante Xantar, cociñando unha lamprea do río Miño
Este venres día 5 de abril a Praza de Abastos da vila foi o escenario para a realización dunha demostración de cociñado na que o restaurador local César Verde, do Restaurante Xantar cociñou a lamprea do Río Miño elaborada coa receita tradicional “Á bordalesa”. Tamén se elaborou unha receita especial coa lamprea en escabeche que fixo as delicias dos asistentes da Praza de Abastos na mañá deste venres.
O alcalde e a concelleira de Cultura non desaproveitaron esta oportunidade para achegarse e degustar tamén este manxar do Río Miño, destacando o bo facer e profesionalidade deste restaurador da vila na preparación deste agnato (peixe sen mandíbulas).
Ningún comentario:
Publicar un comentario