CULTURA
Exitosa actuación do Coro Gli Appassionati
O concerto motivou que o aforo do salón de actos do Centro Cultural se completase
Así estivo a platea do salón de actos do Centro Cultural da vila
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Despois dun primeiro concerto no pasado mes de marzo, que contou coa participación do Coro Diapasón de Ferrol, o Coro Arpegios e o Coro Cantábile de A Guarda; o pasado sábado día 30 de marzo celebrouse no Centro Cultural o segundo concerto do Ciclo de Música Coral, contando nesta ocasión coa actuación do Coro Gli Appassionati.
A presenza na nosa vila do Coro Gli Appasssionati motivou que moitas persoas recollesen con antelación súas entradas para escoitar a unha das mellores formacións corais de Galicia, e o aforo do salón de actos do Centro Cultural da vila se cubrise totalmente.
O coro de cámara Gli Appassionati nun intre da súa actuación
O coro de cámara Gli Appassionati nace no ano 2012 da man da mezzosoprano Nuria Lorenzo. É unha formación coral integrada por xoves apaixoados polo canto e a música, en xeral que os define como grupo. Este coro representa a consolidación dun esforzo por crear unha formación vocal de gran calidade abordando unha gran variedade de repertorio de gran dificultade que inclúe obras de música clásica, pop, e do folclore internacional con plenas garantías de éxito e alto nivel de esixencia.
Os seus compoñentes posúen unha sólida preparación vocal e musical así como unha ampla experiencia coral, gañando numerosos premios e contando cun gran palmarés no que se inclúen 10 premios nacionais, 1º Premio no I Certame Nacional de Canto Coral de Villanueva de la Serena de Badajoz, Premio Especial do Público no L Certame da Canción Mariñeira de San Vicente de la Barquera en Cantabria, finalistas no LXIII Certame Internacional de Habaneras e Polifonía de Torrevieja, 1º Premio no II Certame de Corais Vila de Arbo, entre outros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario