1 de abr. de 2019

A GUARDA

PATRIMONIO

A PRODUCIÓN DE SAL ENTRE A PROTOHISTORIA E A ANTIGÜIDADE NA COSTA DA GUARDA E VIANA DO CASTELO

Ese foi o tema do Encontro Monográfico co Patrimonio Cultural que tivo lugar o pasado día 29 de marzo, na Casa dos Alonso

Organizado pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega


 Vista parcial dos ponentes e do público asistente
Fotos: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

  A produción de sal entre a Protohistoria e a Antigüidade na costa da Guarda e Viana do Castelo, foi a temática da xornada que en horario vespertino tivo lugar o pasado venres día 29 de marzo de 2010, na Casa dos Alonso, de A Guarda. O evento foi organizado pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais, do Consello da Cultura Galega, coa colaboura do Concello de A Guarda e o proxecto Mar de Sal; e a súa vez, coordinado pola Dra. Rebeca Blanco-Rotea.

 O programa comezou cunha benvida do alcalde da localidade, Antonio Lomba Baz, quen agradeceu o Consello da Cultura Galega que esta xornada monográfica se desenvolvese na vila de A Guarda.

 O alcalde tamén relembrou o empeño do concelleiro de Patrimonio Manuel Javier Crespo González, para que as salinas fosen escavadas.

 Pola súa parte, a Dra. Rebeca Blanco-Rotea, coordinadora da Sección de Patrimonio e Bens Culturais, do Consello da Cultura Galega, tamén agradeceu a colaboura do concello guardés, e informou da non asistencia de Rosario Alvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, por atoparse en Brasil, en viaxe de traballo. 

 E xa sen máis, de acordo co programa establecido sería o turno do arqueólogo Dr. Brais X. Currás, vencellado a Universidade de Coimbra-Centro de Estudos de Arqueologia, Artes e Ciências do Património (CEAACP), como investigador posdoutoral, quen a súa vez, na actualidade dirixe o proxecto Mar de Sal para o estudo e posta en valor das salinas de A Guarda; quen intervería na primeira palestra titulada: O proxecto Mar de Sal e o estudo das paisaxes do sal na Antigüidade.

Vista parcial das salinas romanas do Seixal (A Guarda)
  

 O Dr. Brais X. Currás fixo un resumo - apoiado cunha proxección de imaxes - das tarefas desenvolvidas ata agora en relación coas salinas romanas do Seixal e as salinas rupestres de As Lagoas (Camposancos), así como á labor de prospección e rexistro das salinas antrópicas - feitas polo ser humano - existentes ó longo do litoral de A Guarda.

 A continuación sería a arqueóloga Mar Cortegoso Comesaña, que dirixiu as campañas de escavación desenvolvidas no Seixal en 2016 e 2018, quen informaría da labor feita en cadansúa campaña, e sobor de todo, na campaña do ano pasado na cal se puido datar cronolóxicamente a antigüidade das salinas romanas do Seixal, a vista dos materiais atopados e das análises feitas. 

 Tamén falou das salinas de Aguncheiro e Porto, en Mougás; e As Lagoas, en Viladesuso (Oia), cuxa tipoloxía é idéntica ás do Seixal.

 Unha vez rematada á intervención de Mar Cortegoso, sería o turno de Miguel Costa e Tiago Brochado, arqueólogos da Câmara Municipal de Viana do Castelo, que centrarían súa palestra titulada “A exploraçao do sal no pro-História. O exemplo de Viana do Castelo”, na súas experiencias na prospección e estudo e clasificación tipolóxica, das salinas rupestres e romanas ao longo da costa vianesa.

 Compre salientar que no desenvolvemento deste monográfico púxose de manifesto á importancia patrimonial das salinas romanas existentes no Seixal e tamén das salinas rupestres, o tempo que transferiuse a tódolos asistentes, os coñecementos acumulados deica agora por estes especialistas, como a semellanza das salinas romanas da costa guardesa con outras existentes noutros lugares do mundo; o proceso de transporte da auga o mar ata as cubetas enlousadas, e a posterior evaporación pola acción combinada do sol e da brisa mariña.

 Falouse tamén, como é obvio da importancia do sal como recurso - indispensable - para á própia subsistencia do ser humano, para á conservación dos alimentos, así como para á elaboración de diferentes salsas,..., e outras aplicacions.

 Unha vez rematadas ás diferentes palestras, houbo un interesante debate entre os arqueólogos e persoas do público que asistiu, tanto de A Guarda, como doutras procedencias de Galicia, e tamén de Viana do Castelo.

 En decraracións a este cronista, Brais X. Currás informou que dentro duns días comezarán os traballos de consolidación das salinas do Seixal e súa posterior posta en valor, salientando que o estaren ubicadas nunha das variantes do Camiño Portugués pola Costa, pudo comprobar ó longo das escavacions desenvolvidas en 2018, a cantidade de persoas, tanto da localidade, como visitantes que pasan pola zoa, polo que ese enclave vai ser moi concorrido.


Remate de torques de ouro existente no Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega

 Noutro orden de cousas, en decraracions a este cronista, Brais X. Currás avanzou que en breve tres pezas de orbrefería existentes no Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT), o remate de torques de ouro - que no seu día fora atopado nunha campaña arqueolóxica no poboado Mergelinas - e dous torques de prata, van ser analizados para tentar de coñecer as trazas da súa procedencia.

 O Dr. Brais X. Currás salientou á importancia dos torques, nomeadamente os que foron feitos en prata, e dixo que logo da súa análise, probablemente poida obterse unha información moi interesante.

Nota da Redacción de Infogauda:
Información publicada: 31.03.2019
Actualizada: 01.04.2019 

Ningún comentario:

Publicar un comentario