A psicóloga vasca Ianire Estébanez dará mañá unha charla sobre igualdade a alumnado do IES
Infogauda / Tomiño
A psicoterapeuta e psicóloga vasca Ianire Estébanez compartirá a mañá deste xoves 21 de marzo con alumnado de varios cursos do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño.
Especializada en prevención de violencia na adolescencia, agresións sexuais, relacións e uso das redes sociais pola xente nova, Estébanez presentará aos estudantes os relatorios os relatorios “Conectamos ben?”, sobre o ciberacoso nas redes sociais, a súa prevención e a resposta colectiva de apoio, e “Enredámonos?”, sobre as redes sociais, as problemáticas que se poden xerar nas relacións de parella, o cibercontrol, a prevención de relacións tóxicas e o empoderamiento.
Esta actividade, e outras ogranizadas pola Oficina dMunicipal de Igualdade, o pasado mes de outubro, tiveron que suspenderse por razóns de saúde da psicóloga, que volta agora a Tomiño para impartir esta charla cos estudantes de secundaria
Ningún comentario:
Publicar un comentario