A Xunta de Galicia participa en Baiona no acto de exaltación do aniversario da Arribada da Carabela Pinta
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu esta tarde ao acto que tivo lugar no Parador de Baiona
O
vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, participou esta
tarde en Baiona no acto de exaltación do DXXVI aniversario da Arribada
da Carabela Pinta
Foto: X. G.
Infogauda / Baiona
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, participou esta tarde en Baiona no acto de exaltación do DXXVI aniversario da Arribada da Carabela Pinta que tivo lugar no Parador, e onde destacou a importancia que ten esta celebración para a nosa comunidade, declarada como Festa de Interese Turístico Nacional en 2010, e Festa de Interese Internacional en 2015.
Alfonso Rueda, acompañado do delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; do alcalde de Baiona, Ángel Rodal; do presidente da Cámara Municipal de Vila do Bispo, Adelino Soares; da presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, e de representantes da Deputación de Pontevedra, entre outras autoridades presentes no acto, destacou que esta festa sinala un comezo dun vínculo histórico entre Galicia e América, xa que hai 526 anos, Baiona foi a primeira localidade que tivo contacto con europeos que xa visitaran América.
Ningún comentario:
Publicar un comentario