29 de mar. de 2019

SALCEDA DE CASELAS

O PARTIDO POPULAR AFIRMA QUE O ALCALDE DE SALCEDA REXEITA A BONIFICACIÓN DE SOGAMA PARA REBAIXAR UN 10% RECOLLIDA DE LIXO OS VECIÑOS

Os populares indican que “o rexedor enviou unha carta a Sogama pedindo non acollerse a esta diminución da taxa a pesar de sumarse inicialmente a esta posibilidade dentro do prazo establecido”

Esta rebaixa permitiría aos veciños de Salceda de Caselas aforrarse case 30.000 euros o ano de forma directa
 
Santiago Rodríguez Davila, candidato do PP á Alcaldía de Salceda

Infogauda / Salceda de Caselas 

 O PP de Salceda de Caselas informa a todos os veciños de que non poderán beneficiarse da rebaixa do 10% no recibo da recollida de Sogama porque o alcalde, Marcos Besada pediu a Sogama quedar fóra desta redución ofrecida pola empresa pública a pesar de haberllo solicitado previamente en forma e prazo. Na misiva, Besada expresa o seu rexeitamento este aforro directo para 4.551 pagadores do municipio sen argumentar “razón algunha para este “paso atrás” en “prexuízo dos veciños”.

  A empresa de tratamento de residuos sólidos urbanos, Sogama daba a oportunidade a todos os concellos adheridos o seu modelo de tratamento, o 77% dos municipios de Galicia, de solicitar esa quita do 10%  no canon do lixo, o que supoñería para os salcedenses poder aforrarse 30.000 euros/ano. Nun principio, o concello de Salceda así o solicitou en prazo pero uns días despois, Besada “parece que se arrepentiu” e pediu a Sogama a nulidade desta “vantaxosa” axuda para os veciños. “Resulta algo inexplicable e posiblemente inaudito que un alcalde negue o aforro dos seus veciños a pesar de ter a posibilidade fácil e directa de facelo”, critica Santiago Rodríguez Davila, candidato do PP á Alcaldía de Salceda.

  Desde o PP “esiximos unha explicación ante esta decisión tan incoherente e prexudicial para todos os veciños” por considerala un “ataque ao peto das familias que loitan por chegar a final de mes” mentres que “o Sr. Besada si se beneficia desta rebaixa porque vive noutro concello, concretamente no de Mos que si se acolleu a esta reducción”.

 O trámite a seguir para conseguir a redución directa do 10% aos veciños era sinxelo, simplemente enviando un escrito a Sogama solicitando a aplicación da bonificación e o compromiso do Concello de adoptar medidas orientadas á redución da produción de residuos durante 2019 e o incremento da reciclaxe. “O alcalde nin sequera tiña que preocuparse polo sistema de reciclaxe do pasado, bastaba con manter as cifras e tentar reducilas na medida do posible, por iso parécenos incrible e inxustificable a decisión tomada polo Sr. Besada”, conclúe Davila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario