29 de mar. de 2019

OIA

Oia acolle un campamento infantil de Semana Santa   


Infogauda / Oia

 Oia acollerá un campamento infantil os próximos días 15,16,17 e 22 de abril, pensado para favorecer a conciliación familiar durante as vacacións de Semana Santa. A actividade está organizada por Ma Nunú Conciliación Familiar coa colaboración do Concello de Oia.  

 O campamento vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos e se desenvolverá no CEIP Mestre Manuel García en horario de 9:00 a 14:00 horas. Durante as catro mañás que durará a actividade os pequenos desenvolverán xogos en equipo e farán traballos manuais.  

 O campamento ten un prezo total de 35 euros polas catro xornadas, se ben tamén se poderá asistir en días soltos a un prezo de 10 euros ao día.  

 Máis información e reservas en info@manunu.es e no teléfono 619 961 180. Prazas limitadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario