13 de mar. de 2019

SALCEDA DE CASELAS

O PP AUDITARÁ AS CONTAS DE MARCOS BESADA SE CHEGA Á ALCALDÍA 

PARA “DESCARTAR CALQUERA ILEGALIDADE” DURANTE A SÚA XESTIÓN  


· O candidato popular á alcaldía de Salceda, Santiago Rodríguez Davila, asegura que o obxectivo desta auditoría é “eliminar as dúbidas razoables que existen actualmente sobre a xestión económica do actual Alcalde” despois do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito dun millón de euros  

· Na listaxe de facturas por pagar atópanse a electricidade dos centros escolares, a electricidade de instalacións deportivas, seguros de Responsabilidade Civil do Concello, do tractor municipal ou do CDL de Torrón mentres que os 18.000 euros en xestionar as redes sociais, están “pagos ao día”  

Santiago Rodríguez Davila, candidato do Partido Popular á Alcaldía de Salceda de Caselas

Infogauda / Salceda de Caselas

 O PP de Salceda de Casela comprométese a “levantar as alfombras” do Concello se consegue a Alcaldía e para iso asegura que solicitará do tribunal de contas a fiscalización da actividade económica – financeira do Concello para “inspeccionar a xestión económica do actual rexedor, Marcos Besada” que sirva para “eliminar calquera dúbida razoable despois de “tentar” aprobar o último Recoñecemento Extraxudicial de Crédito ( REC) por valor de case un millón de euros con informe de reparo de intervención con contundentes advertencias da situación económica- financeira”

 Segundo o candidato popular Santiago Rodríguez Davila, “Besada goberna de forma absolutista e, a pesar de estar en minoría, non se preocupa por negociar coa oposición para aprobar os Orzamentos e non ter que pagar os provedores a base de RecoñecementosExtraxudiciais un anodespois de facer os traballos”.      

 Entre as máis de 1.400 facturas incluídas neste REC atópanse obrigacións tan importantes e imprescindibles para a seguridade dos veciños coma os seguros de Responsabilidade Civil (R.C.) do Concello, o do tractor encargado das tarefas municipais ou o do CDL de Torrón. “Parécenos sorprendente que estes seguros estean vixentes, como asegura o alcalde, a pesar de non pagarse dende 2018, só esperamos que non ocorra nada para non ter que lamentarnos e que sexan os cidadáns quen paguen a desastrosa xestión deste alcalde mentres que os 18.000 euros que Marcos Besada gástase ao ano en xestionar as redes sociais están pagados ata o último céntimo”, sostén Davila.              

 Outra partida importante recollida no REC é a destinada ao servizo de axuda no fogar (SAF), que xestiona unha pequena empresa, que non cobra polo seu traballo dende xuño de 2018. Segundo o candidato popular, “este alcalde non ten ningún tipo de sensibilidade nin de consciencia do complicado que é manter un servizo deste tipo ao que se debe máis de 212.000 euros e en lugar de negociar coa oposición os orzamentos, polo ben dos provedores para garantir o pago nun período coherente e que non sexan eles quen soporte a nefasta xestión municipal, adícase a contratar sen sentido e sen diñeiro para pagarlles e logo culpa a oposición á que ignora durante todo o proceso salvo para aprobar o REC”.  

 Para Rodríguez Davila, o PP de Salceda non vai ser “cómplice” desta “ditadura do amiguismo” coa que se goberna no Concello dende fai 12 anos e, por este motivo, a súa intención cando chegue á Alcaldía é “abrir as xanelas” e “aclarar canto e como se gastou o diñeiro de todos os veciños” partidas que aumentan “en ano electoral”. “Nesta ocasión o REC foi de case un millón de euros pero auguramos que en 2020 sería aínda maior, o que pon en risco de quebra as arcas municipais e que a situación financeira do Concello vólvase insustentable, como así recolle o informe de intervención, sen que o alcalde inmútese o máis mínimo actuando con total despotismo ante as preguntas da oposición”, critica Rodríguez Davila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario