PLAN DE MOBILIDADE URBANA SUSTENTABLE
Eres de Oia? Como mellorarías as rúas e espazos públicos do Concello?
Infogauda / Oia
O Concello de Oia e a Área de Mobilidade da Deputación de Pontevedra están a realizar a recollida de datos para a confección dun Plan de Mobilidade Sustentable no concello, incorporando os distintos puntos de vista e sensibilidades presentes na veciñanza.
O obxectivo deste plan é atopar, entre todos, xeitos de mellorar a mobilidade no Concello: facela máis sustentable (tanto ambiental como economicamente), adaptala ás necesidades da veciñanza para aproveitar mellor os recursos, facilitar hábitos máis respectuosos co medio ambiente; e tamén facela accesible a todos de xeito seguro, reducindo as barreiras arquitectónicas e mellorando a relación entre o peón e o coche, así como o acceso aos transportes públicos.
Para conseguir isto serán estudados durante os próximos meses os desprazamentos a pé, en bicicleta, en vehículo privado e en transporte público.
Para que os veciños poidan opinar, está colgada unha enquisa que pódese cubrir en liña, premendo na ligazón dispoñible.
A opinión dos veciños importa. Animádevos a participar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario