31 de mar. de 2019

FORNELOS (O ROSAL)

VISITA DUN MESTRE COMPOSTEIRO Á ESCOLA UNITARIA DE FORNELOS  



O mestre composteiro do Rosal e dúas alumnas da escola unitaria de Fornelos preparando o estructurante para o composteiro entregado polo concello
Foto:C.O.R.

Infogauda / Fornelos

 Esta semana o mestre composteiro do concello do Rosal visitou a escola unitaria de Fornelos para resolver posibles dúbidas na compostaxe. 

 “Este plan de seguimento realízase - segundo afirman desde o executivo municipal que preside Mª del Carmen Alonso Alonso - con tódolos composteiros entregados polo concello para garantir unha formación constante e axeitada. E, como sempre, o mestre volveu abraiado coa empatía, complicidade e concienciación ambiental que teñen as nenas e nenos. 

 De seguro esta complicidade entre toda a comunidade do Rosal será o xerme necesario para mudar a nosa relación co medio ambiente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario