13 de mar. de 2019

O ROSAL

CINEMA

"SUFRAGISTAS" 

· Esta película proxectarase o 23 de marzo ás 20:00 horas no Auditorio Municipal 


Infogauda / O Rosal

 A Concellería de Cultura do Concello do Rosal informa que a película "Sufragistas", programada para o día 16 de marzo proxectarase o sábado día 23 de marzo ás 20:00 horas no Auditorio Municipal.
 
 E o concerto previsto para o día 23 de marzo trasladarase paro o 12 de maio ás 19:00 horas.

  "Sufragistas" (2015), dirixida por Sarah Gavron, é un filme británico, baseado nun guión de Abi Morgan, con música de Alexandre Desplat, e fotografía de Eduard Grau.

 Integran o reparto: Carey Mulligan, Helena Bonham Carter, Anne-Marie Duff, Brendan Gleeson, Ben Whishaw, Meryl Streep, Romola Garai, Samuel West, Geoff Bell, Natalie Press, Lee Nicholas Harris, Richard Banks, Adrian Schiller, Judit Novotnik e Morgan Watkins.

  "Sufragistas" é un drama histórico, con un ineludible trasfondo político e feminista, situado cronolóxicamente no período 1910-1919.

 Sipnose:

 O movemento sufragista naceu en Inglaterra en vésperas da Primeira Guerra Mundial. A maioría das sufragistas non procedían das clases altas, senón que eran obreiras que vían impotentes como as súas pacíficas protestas non servían para nada. Entón radicalizáronse e, na súa incansable loita por conseguir a igualdade, arriscáronse a perdelo todo: o seu traballo, a súa casa, os seus fillos e a súa vida. A protagonista é Maud (Carey Mulligan), unha muller que reivindicou denodadamente a dignidade das mulleres. Fonte: FILMAFFINITY.

Premios     

2015: Satellite Awards: Nomeada a Mellor actriz (Carey Mulligan) e guión orixinal.
2015: British Independent Filme Awards (BIFA): mellor actor secundario (Gleeson). 4 nomeamentos.
2016: Premios do Cinema Europeo: Mellor deseño de produción.

Críticas

 'Sufragistas' é unha película que nos cospe á cara a vergoña. Con rabia, con delicadeza, con elegancia, con xustiza, con verdade, con paixón."  

Javier Ocaña: El País 

"O ton da película é duro, sincero, emocionante, e presenta un excelente grao de ambientación e sensibilidade, e un certo equilibrio na súa mirada histórica e nas súas zonas máis sensibles, e ata ofrece unha reflexión moi útil na actualidade".  


Oti Rodríguez Marchante: ABC 

"Sobresaen a humillante ambientación de época e o traballo cegador dos seus protagonistas, cunha  Carey  Mulligan que enche de autenticidade o seu personaxe (...) 
Puntuación: ★★★ (sobre 5)"  

Alberto Bermejo: El Mundo

 "Unha entusiasta e relevante mostra da historia feminista. (...) A película é un logro impresionante para tres das mulleres que participan na produción: a directora Sarah Gavron, a guionista Abi Morgan e a protagonista, Carey Mulligan" 
Stephen Farber: The Hollywood Reporter

Ningún comentario:

Publicar un comentario