Curso de Ximnasia Sénior
· Abertas as inscricións na OMIX do Concello
Infogauda / A Guarda
A Concellería de Deportes do Concello de A Guarda oferta un Curso de Ximnasia Sénior para persoas maiores de 65 anos.
O curso levarase a cabo todos os mércores e venres en horario de 11:30 a 12:15 horas, e realizarase na sala de actividades da Piscina Municipal da Guarda.
A actividade ten un custe mensual de 10 € por persoa participante.
As inscricións xa están abertas e as prazas son limitadas.
Todas as persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición acudindo á OMIX, no 2º andar do Concello da Guarda, na Casa dos Alonsos.
Máis información no teléfono 986 610 000 ou no enderezo electrónico: informacion@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario