ÉXITO DO DESFILE DO DOMINGO DE ENTROIDO, 2019
CONTOU CON MOITA PARTICIPACIÓN E FOI PRESENCIADO POR MILLEIROS DE PERSOAS
Infogauda / O Rosal
O Desfile do Domingo de Entroido, 2019, organizado polo Concello do Rosal, contou con moita participación, non tanto de individuais, xa que botamos en falla algúns participantes de edicións precedentes, e certamente había sitio para máis, pero sí de comparsas, todas elas moi vistosas, e algunhas realmente excepcionais, en canto a deseño de vestuario, coreografía, posta en escea e espectacularidade. Todos eses ingredientes fixeron que un ano máis, moitos veciños do Rosal e dos pobos veciños déranse cita nas rúas Julio Sesto e Ramón Franco, para presenciar ese vistoso desfile que desde seu comezo ata seu remate, tivo unha duración aproximada duns 90 minutos.
Compre salientar que a pesares de non ter á climatoloxía de días pasados, nos que mesmo rexistráronse 26 graos de temperatura, algo realmente pouco habitual para esta época do ano, a choiva non fixo acto de presenza, nin falla que fixo, ainda que houbo algunhas rachas de vento, algo que por outra parte, non debe sorprendernos, pois ainda estamos no inverno. Dese xeito, veciños e visitantes disfrutamos do Desfile do Entroido, 2019 e da vistosidade do espectáculo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario