A Xunta de Galicia abrirá en Vigo unha oficina de apoio e asesoramento en Responsabilidade Social Empresarial
A 'RSE Innolab', que se presentará e abrirá ao público o 13 de marzo, estará emprazada na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP)
Na xornada de lanzamento desta iniciativa daranse a coñecer as actividades que se desenvolverán entre as que destacan información e formación sobre RSE, a identificación de ideas innovadoras e o deseño de novas experiencias neste campo a través de encontros entre empresas e eventos de redes
O asesoramento poderá solicitarse de xeito presencial, vía telefónica ou 'on-line' a través do correo rseinnolab-g@gemcat.eu
A actuación enmárcase no proxecto europeo Xeración de emprego de calidade transfronteirizo (Poctep Gemcat) e está dirixida a empresas con sede en Galicia, o norte de Portugal, Castela e León e Estremadura
A Xunta abrirá -na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP)- unha
oficina de apoio e asesoramento ás empresas interesadas en implantar
modelos de xestión baseados na Responsabilidade Social Empresarial
(RSE).
Foto: X.G.
Infogauda / Vigo
A Xunta abrirá o próximo 13 de marzo en
Vigo -na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP)- unha
oficina de apoio e asesoramento ás empresas interesadas en implantar
modelos de xestión baseados na Responsabilidade Social Empresarial
(RSE). A Consellería de Economía, Emprego e Industria organizará na data
prevista para apertura do servizo RSE Innolab
unha xornada na que dará a coñecer ás compañías interesadas os
obxectivos deste proxecto e as actividades que se levarán a cabo.
Poderán
solicitar información e asesoramento empresas con sede en Galicia, o
norte de Portugal, Castela León e Estremadura, xa que RSE Innolab
forma parte do proxecto europeo Xeración de emprego de calidade
transfronteirizo (Poctep Gemcat) do que son socias estas rexións.
A
nova oficina ofrecerá información xeral sobre a RSE e os programas de
axudas e ferramentas neste ámbito, así como formación para o deseño e
impulso de novos proxectos transfronteirizos. Así mesmo, deseñaranse
experiencias innovadoras a través de encontros entre empresas e eventos
de networking, ao tempo que se identificarán ideas innovadoras neste
campo. Do que se trata é de achegar solucións concretas aos desafíos da
RSE e servir de mentor ás firmas interesadas en establecer un plan de
acción neste eido. Así mesmo, búscase recompilar e estudar boas
prácticas de éxito nesta materia para difundilas e poder implantalas no
ámbito territorial do proxecto Gemcat.
As compañías interesadas en recibir asesoramento poden solicitalo a través do correo rseinnolab-g@gemcat.eu; a páxina web www.rseinnolabgal.com
ou a través do número de teléfono 664 607 330. Os interesados en
participar na xornada de presentación do novo servizo tamén poderán
inscribirse a través destas vías. A xornada será participativa e
dinámica, xa que os asistentes poderán participar no Photocall RSEmpresarial,
unha actividade coa que se pretende crear un marco que posibilite o
intercambio de experiencias vinculadas á RSE e á sustentabilidade.
Os
principais obxectivos que se perseguen coa xornada son motivar ás
empresas para que participen e aproveiten as actividades que se levarán a
cabo no centro RSE Innolab; crear e propiciar un marco para o
intercambio de experiencias, estratexias e sensibilidades, vinculadas á
RSE e á sustentabilidade; e aumentar a promoción da RSE entre as
empresas transfronteirizas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario