DEPORTES
A Guarda conta xa cun parque de patinaxe
O alcalde Antonio Lomba Baz, coa deputada provincial Montserrat Magallanes Álvarez e o concellerio de Deportes, Manuel Javier Crespo González, no acto de inauguración oficial da pista de patinaxe
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O pasado sábado día 2 de marzo celebrouse a apertura oficial da nova infraestrutura deportiva ao aire libre, na zona da Fontiña, a carón do paseo marítimo de A Guarda, cunha programación de actividades que comezaron ás 10:00 horas e que se prolongaron ata a tardiña.
Centos de persoas achegáronse dende diferentes puntos da xeografía galega para asistir e probar esta nova pista de patinaxe pública e gozar das diferentes actividades programadas nun evento, que estivo organizado pola Asociación Galifornia Beat! e que contou coa colaboración do Concello de A Guarda e da Deputación de Pontevedra.
Os asistentes contaron con amenización musical, zona de xantar e diferentes competicións deportivas. Un dos pratos fortes foi sen dúbida a exhibición do patinador Jorge Simoês, gañador na súa modalidade dunha das edicións precedentes do Marisquiño en Vigo.
A pista de patinaxe conta con usuarios de tódalas edades
As obras do parque de patinaxe Atalaia iniciáronse no mes de agosto de 2018, coa ampliación da zona deportiva existente e a preparación dos terreos para albergar a nova pista, zona deportiva e de ocio infantil.
Esta actuación, financiada en parte polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, ven a cubrir as necesidades dun colectivo en auxe ao longo dos pasados anos e que precisa dunhas instalacións axeitadas para a práctica deportiva, sendo a patinaxe unha modalidade deportiva de referencia na nosa localidade, xerando dinamismo neste espazo urbano.
O proxecto incluíu a ampliación do espazo existente en 12 metros para desprazar a pista multiusos existente e albergar o novo parque de patinaxe, cunhas dimensions de 46 m x 18,20 m, e que conta cun cunco e diferentes estructuras fundamentais para a práctica deste deporte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario