Ante as previsións meteorolóxicas desfavorables
O Concello apraza o Desfile de Entroido
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda ven de facer público o aprazamento do Desfile de Entroido previsto para este martes ante as previsións meteorolóxicas desfavorables cunha ampla probabilidade de choivas intensas para a xornada deste martes, ademais da activación de alertas por fenómenos meteorolóxicos adversos.
Deste xeito, o desfile realizarase na vindeira fin de semana, preferentemente na xornada do sábado día 9 de marzo ás 17:30 horas, con saída dende a Esquina Famosa ata a Alameda, aínda que tamén pendentes da situación meteorolóxica para esa xornada.
Continúa o Menú de Entroido
Un total de 6 establecementos de hostalaría de A Guarda dispoñen ata o martes 5 dunha oferta gastronómica especial a través do «Menú de Entroido», que inclúe un primeiro prato de caldo ou empanada, un segundo prato de lacón con grelos e unha sobremesa con filloas ou ourellas de Entroido.
O prezo é de 18€ por persoa e o menú inclúe viño e café.
Nesta edición participan a Tapería – Restaurante Arruaz (986 614 571), Camping Santa Tecla (986 685 461), Celtic (986 611 679), La Pizzicata (986 611 534), O Cangrexal (986 611 107) e Restaurante Xantar (986 611 814).
Recoméndase reservar con antelación chamando directamente ao restaurante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario