ATLETISMO
XXX CAMPIONATO DE GALICIA MÁSTER DE PISTA CUBERTA
JOSÉ CARLOS FERREIRA GONZÁLEZ, DE A GUARDA, CAMPIÓN DE GALICIA DE 3.000 M.
· E MEDALLA DE BRONCE EN 800 M.
José Carlos Ferreira González con Daniel De La Torre Allariz e Saturnino González Novo
Foto: F.
Infogauda / Deportes
O domingo día 3 de marzo de 2019, na pista de atletismo cuberta de Ourense, celebrouse o XXX Campionato de Galicia de Atletismo Master de Pista Cuberta, organizado pola Federación Galega de Atletismo.
Nese importante evento, tanto no deportivo como nos resultados, no que participou a elite do Atletismo da nosa Comunidade Autónoma; temos que salientar a brillante carreira de José Carlos Ferreira González (A Guarda,1974) pertencente o CAR Marisqueiro, que na xornada vespertina (19:40 h.) competiu na proba de 3.000 m., categoría Master 45-50-55, que cun crono de 9:42.05, acadou o 1º posto da clasificación, e por conseguinte, o campionato de Galicia desa modalidade.
En 2ª posición, e cun tempo de 9:55.43, entraría en liña de meta Daniel De La Torre Allariz, do club San Miguel, de Marín; e en 3ª posición, Saturnino González Novoa, do club Ourense Atletismo, que fixo un tempo de 10:01.29.
MEDALLA DE BRONCE EN 800 M
Compre salientar que previamente, na xornada de mañá, ás 10:58 h., José Carlos Ferreira González xa participara na proba de 800 m, categoría M45, acadando o 3º posto da clasificación, e por conseguinte a medalla de bronce, cunha marca persoal de 2:12.91.
Nesa proba, o 1º posto logrouno Francisco Javier Campos Suárez, do C. A. Santiago, cun tempo de 2:10.72; e na 2ª posición entraría en liña de meta, Luis Eduardo García Núñez, do club Verxel Nutrición D., cun rexistro de 2:11.47.
SÚA PRÓXIMA CITA DEPORTIVA: O CAMPIONATO MÁSTER DE ESPAÑA
A vindeira cita deportiva de José Carlos Ferreira González, será novamente na cidade das Burgas, onde os días 8,9 e 10 deste mes, na pista de atletismo de Ourense (Expourense), celebrarase o XXX Campionato de España Máster en pista cuberta.
Nese evento participarán 1.673 atletas inscritos en representación de 17 Comunidades Autónomas. A esta cita acoden os mellores atletas máster do momento moitos dos cales posúen un brillante curriculum deportivo internacional o que sen dúbida converterá a Ourense durante esta fin de semana no foco de atención nacional.
En canto ao número de inscritos, Madrid é a Comunidade que achegará mais atletas cun total de 347 seguida de Galicia con 300, sendo Cataluña con 178 a terceira en número.
Ningún comentario:
Publicar un comentario