ATLETISMO
CAMPIONATO DE GALICIA DE 5 KM. EN RUTA 2018/2019
JOSÉ CARLOS FERREIRA GONZÁLEZ, PROCLAMOUSE CAMPIÓN DE GALICIA, NA CATEGORÍA M45
O vencedor absoluto da proba foi Esteban Iglesias Vila
Podio da categoría M45, con José Carlos Ferreira González - no centro da imaxe -, medalla de ouro e campión de Galicia; Antonio Vázquez Tourón, medalla de prata e subcampión de Galicia, e Luis Eduardo García Núñez, medalla de bronce
Foto: F.
Infogauda / Deportes
Este domingo día 17 de marzo de 2019 celebrouse no circuíto urbano e homologado de As Pontes o X Campionato de Galicia de 5 Km. en ruta para as categorías absoluta, Sub18, Sub20, Sub23 e Máster.
O evento estivo organizado pola Federación Galega de Atletismo e o Concello de As Pontes.
O vencedor absoluto da proba foi Esteban Iglesias Vila, corredor da categoría senior, pertencente o clube Lucus Caixa Rural Galicia, que portou o dorsal 184 e fixo un tempo de 15:28. En 2ª posición entrou en liña de meta Juan Antonio Gude Vila, corredor da categoría M40, pertencente o mesmo clube, que portou o dorsal 183 e fixo un crono de 15:31; e en 3ª posición Simón González Río, da categoría senior, pertencente o clube Horizonte Gijón, que portou o dorsal 177, e fixo un tempo de 15:33.
Na categoría Máster 45, José Carlos Ferreira González, atleta de A Guarda, pertencente o CAR Marisqueiro, que correu co dorsal 125, e cun tempo de 16:29, entrou en liña de meta no posto 15ª, sendo o primeiro atleta da súa categoría, polo cal proclamouse campión de Galicia. O segundo clasificado foi Antonio Vázquez Tourón, do C. A. Pino, que portou o dorsal 115, entrou en meta no posto nº 35, e fixo un crono de 17:09; e o 3º clasificado foi Luis Eduardo García Núñez, do Verxel Nutrición Dep., que entrou en liña de meta no posto 36º, da clasificación xeral, levou o dorsal 213, e fixo un tempo de 17:10.
Nas devanditas categorías (absoluta, Sub18, Sub20, Sub23 e Máster), un total de 337 atletas lograron entrar en liña de meta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario