PREVISIÓN PARA O LUNS 18 DE MARZO DE 2019
NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA
Luns, 18
19:30 horas
A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a Presentación da novela “SUEÑOS ELÉCTRICOS” de Ramón Caride, publicada agora en castelán por Sial Pigmalión. A orixinaria, en galego no ano 92, foi gañadora do premio Blanco Amor, cando o biólogo, escritor e profesor Caride tiña só 35 anos.
En "Sueños eléctricos" o prolífico autor, con obras en diversos xéneros, plasmou un mundo distópico cuxos habitantes están deseñados por expertos en xenética e a crítica considerouna como a novela fundadora da ciencia ficción galega.
Intervirán no acto, ademais do autor Ramón Caride Ogando; o profesor, escritor e crítico literario, Vicente Araguas; o escritor, Jesús Manuel Marcos; e o presidente do Grupo Editorial Sial Pigmalión, Basilio Rodríguez Cañada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario