4 de mar. de 2019

DEPORTES

COPA DE EUROPA DE TRIATLÓN

A GUARDESA ELSA PENA VICENTE, LOGRA EN LIEVIN (FRANCIA), UNHA MEDALLA DE PRATA

E Nerea García Busto, unha de bronce


Elsa Pena Vicente - a der. - e Nerea García Busto, coas súas correspondentes medallas de prata de bronce, espectivamente
Foto: F.

Infogauda / Deportes 

 A xornada vespertina do sábado ofreceunos unha emocionante e espectacular competición no Estadio de Atletismo de Lievin (Francia) onde se disputou a 1ª Copa de Europa da tempada, e en formato indoor (150 metros en piscina de 25; 3 km de bici na pista peraltada e un final de carreira a pé). A proba junior feminina deixounos as grandes noticias da noite, xa que as nosas triatletas Elsa Pena Vicente, de A Guarda, e Nerea García Busto, de Luanco (Gozón), foron 2ª e 3ª junior, respectivamente.

 A competición comezou coas diferentes eliminatorias previas e repescas masculinas nas que Igor Bellido, Roberto Sánchez e Antonio  Benito conseguiron o pase a semifinais. Horas máis tarde, os tres deportistas españois conseguiron realizar magníficas carreiras en semifinais con sorte dispar. Igor Bellido realizou unha valente formulación na súa semifinal, tirando en todo momento no sector de bici, algo que pago en carreira e fíxolle quedar fóra da gran final. Pola súa banda, Roberto Sánchez Mantecón viu como os holandeses Van de  Stel e  Keulen pechábanlle en liña de meta e tras revisar a foto finish foi relegado á Final  B, onde finalmente foi 2º. Antonio  Benito, pola súa banda, conseguiu facerse un oco na Gran Final tras unha sólida semifinal. Como prato forte da xornada, disputábase a final ás 22:30 da noite co estadio abarrotado, sendo Antonio  Benito 8º e cun  pódium completado por Chris  Perham (ING), primeiro;  Csongor  Lehmann (HUN), segundo; e o gran favorito local, Pierre Córrelle ( FRA), terceiro. 

  Intercalándose coas eliminatorias masculinas, disputábase a proba feminina co mesmo formato, habendo menos roldas debido ao menor número de participantes. Nosas triatletas non puideron pasar á Gran Final desde a primeira rolda, quedándose  Xisca  Tous a un só posto dese pase directo. Unha hora máis tarde tiveron unha nova oportunidade nas series de repesca pero novamente por escasos metros quedaron fóra dunha gran final que viu coroarse a  Nina  Eim (ALE), acompañada por Sandra  Dodet (FRA), segunda e  Valentina  Riasova (RUS), terceira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario