Visita as pistas de Petanca do Codesal
O alcalde de A Guarda, o concelleiro de Vías e Servizos e o alcalde pedáneo de Camposancos, cunha representación dos membros do Clube de Petanca O Caldeiro
Fotos: C.A.G.
Infogauda / Camposancos
O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz; o concelleiro de Vías e Servizos, Miguel Ángel Español Otero e o alcalde pedáneo da Entidade Local Menor de Camposancos, Rafael Álvarez Martínez, visitaron o pasado sábado día 16 de marzo as pistas deportivas para a práctica de petanca no Codesal, en Camposancos.
Antonio Lomba Baz - no centro da imaxe - conversa con Francisco Almanzor Lourido Cobo, directivo do Clube de Petanca O Caldeiro, en presenza de Rafael Álvarez Martínez
Como xa informamos oportunamente os lectores deste xornal dixital, “estas instalacións veñen de ampliarse con dous novos campos, contando na actualidade cun total de 6 campos reglamentarios de 4x15, empregados polos máis de 40 membros do Clube de Petanca O Caldeiro, o primeiro clube para a práctica deste deporte na Comarca do Baixo Miño”.
Desde o executivo municipal salientan que o “Concello de A Guarda e a Asociación O Caldeiro traballan conxuntamente para favorecer a práctica deste deporte no municipio, deporte cun gran auxe nos últimos tempos, contando na Guarda con 23 deportistas federados”.
Novas relacionadas:
· Deporte, convivencia e inclusión unidos en el Trofeo Helios de Petanca
· CLUB DE PETANCA O CALDEIRO: UN TRIENIO - POR AGORA - DE IMPARABLE ACTIVIDADE
Novas relacionadas:
· Deporte, convivencia e inclusión unidos en el Trofeo Helios de Petanca
· CLUB DE PETANCA O CALDEIRO: UN TRIENIO - POR AGORA - DE IMPARABLE ACTIVIDADE
Ningún comentario:
Publicar un comentario