O PP DE SALCEDA ALERTA DA INSEGURIDADE E O PERIGO DO VIAL ALTERNATIVO HABILITADO POLAS OBRAS DA EP 2505
· Advirten da deficiente sinalización da estrada de Pedracarballa, desde “Dafón” a Seixo, e a falta de adecuación deste tramo alternativo “estreito” para o paso de camións e autobuses
De noite o perigo increméntase polas deficiencias na sinalización das obras
Fotos: PP
Infogauda / Salceda de Caselas
O PP de Salceda de Caselas alerta “da inseguridade e o perigo do viario habilitado con motivo das obras da estrada provincial 2505, Salceda-Entenza-Caldelas, á altura da pasarela peonil na Ponte de Seixo”. Advirten os populares de que o tramo alternativo aberto “non conta con todas as medidas de seguridade necesarias para os condutores que vense obrigados a circular por él ante o peche da EP 2505”.
Asemade, advirten que “a sinalización non se atopa en boas condicións” e entre as moitas deficiencias destacan “a deteriorización do reflector, os pictogramas semiborrados ou a ausencia de catadióptricos” pero o “colmo do descaro”, a xuízo do PP local, é “a utilización dun folio impreso como sinal de tráfico dirixida aos camións”. A isto habería que sumar “a falta dun plan de tráfico para o desvío de camións e autobuses por outro viario para evitar así a saturación de vehículos de gran volume por unha ligazón que non ten capacidade pola súa anchura para soportar tanta densidade de tráfico e a ausencia de limpeza das marxes do viario para garantir un mellor servizo”.
“Esperamos non ter que lamentar ningunha desgraza e aludimos á precaución de todos os condutores o seu paso por esta ligazón porque ten todos os ingredentes para levar un bo susto”, augura o portavoz popular de Salceda, Santiago Rodríguez Davila. Neste sentido, denuncia que o alcalde “non se preocupe en esixir á Deputación e a si mesmo, as medidas de seguridade mínimas para non poñer en risco a vida dos cidadáns”.
O PP recrama unha sinalización legal e segura
O PP salcedense manifesta o seu “apoio” a calquera obra ou iniciativa que supoña unha mellora para os veciños, como é o caso da mellora da EP 2505, pero esixe que se realice con “todas as garantías sen que supoña un perigo para os condutores”. Por este motivo, Rodríguez Davila, demanda unha sinalización “decente, segura e que cumpra a normativa” e “non” sinais “vellas” e “de segunda” que colocaron “coma se Salceda fose do último” sen pensar “que xogan coa vida das persoas”. “Non imos tolerar que sexa así e pedimos o Sr. Besada que deixe o carón os seus intereses persoais para preocuparse polos seus veciños antes de que ocorra algo grave”, apostila Davila.
Ningún comentario:
Publicar un comentario