O PP PIDE O ALCALDE QUE CAMBIE DE LOCALIZACIÓN O SEGUNDO PASO DE PEÓNS FRONTE O CEIP ALTAMIRA EN ´PROL´ DA SEGURIDADE DOS VECIÑOS
· Consideran imprescindible que nas obras de mellora da rúa Rosalía de Castro, “xa que chegan tarde”, déase prioridade os accesos o CRA e o CEIP Altamira e á ordenación do tráfico na entrada e saída dos alumnos para reducir o perigo dos peóns
O PP de Salceda de Caselas considera “positiva” a reforma da rúa Rosalía de Castro pero cre que “chega tarde”
Infogauda / Salceda de Caselas
O PP de Salceda de Caselas considera “positiva” a reforma da rúa Rosalía de Castro pero cre que “chega tarde”, que está “mal planificada” e que debería ser “máis ambiciosa”. O seu portavoz e candidato á Alcaldía, Santiago Rodríguez Davila, táchaa de “estratexia electoralista” a tres meses da cita coas urnas “cando tería que facerse moitos anos antes e cando os nenos están de vacacións escolares e non agora en plena época escolar cos problemas que carrexa no tráfico”.
Para Rodríguez Davila, “dado o mal estado da rúa dende fai polo menos cinco anos, calquera arranxo e mellora do asfaltado é bo” pero “xa que se fai un proxecto de mellora, debería de realizarse completo e priorizando a seguridade dos nenos e dos pais que a diario acoden o colexio para levar e recoller os seus fillos”. Refírese á “inexistencia” dun “plan de tráfico ambicioso nos accesos o CRA e o CEIP Altamira” para autobuses e coches e así reducir o perigo para condutores e peóns. “Tal e como está exposta a ordenación de tráfico a través do pintado do novo asfaltado, cremos que en lugar de axudar vai entorpecer as posibilidades de recollida dos nenos do centro e do comedor xa que neste momento está permitido parar uns minutos en dobre fila e esa pequena licenza vaise eliminar”, detalla o candidato popular.
Necesidade dun PXOM
Neste sentido, os populares propuxeron en decembro de 2017, a través do rexistro do Concello, unha proposta para cambiar de localización o segundo paso de peóns fronte o CEIP Altamira. “En horario de entrada e saída do colexio moitos nenos e adultos cruzan a rúa fora do paso de peóns por non desprazarse 20 metros porque lles resulta máis cómodo así que consideramos que é o Concello o que debe velar pola súa seguridade e comodidade cambiando éste cebreado ás portas do centro e, ao mesmo tempo, sería máis eficiente para o tráfico”, afirma o candidato á Alcaldía polo
PP, quen cre que “a solución definitiva a esta conxestión no viario
está na aprobación dun PXOM ou nunha modificación das normas
subsidiarias”.
Rodríguez Davila lamenta que o Alcalde, Marcos Besada,
actúe unha vez máis “pensando nos votos” e “facendo o que el mesmo
criticaba hai uns anos, asfaltar rúas sen ningunha planificación xusto
antes das eleccións para gañar apoios nas urnas”.
“O final, a maldita
hemeroteca déixao en evidencia porque despois de doce anos sen facer
máis nada que crear conflitos cos veciños, os provedores e os
traballadores municipais, sabe que non ten outra forma de vender xestión
que botando cemento sobre o pavimento sen ningunha orde”, apostila Rodríguez Davila quen espera que “estas obras páguense en tempo e forma” para que
logo “non carguen coas consecuencias e as culpas os traballadores ou a
oposición”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario