4 de feb. de 2019

O BAIXO MIÑO

Co propósito de dar cos autores da morte violenta dos catro garranos no monte de Viladesuso

Agora é a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Mougás a que se suma á iniciativa de ANABAM

HOXENDÍA A RECOMPENSA É DE 2.500 EUROS 
 
Cabalos criados en liberdade na Serra da Groba
Foto: Higinio Vicente Pereira
  
Agustín Ferreira Lorenzo* / O Baixo Miño

 A morte violenta dos catro garranos acaecidos no monte de Viladesuso o pasado 19 de xaneiro, sigue estando na mente de todos e os ánimos de dar cos autores de tal macabro feito non merma. Agora é a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Mougás a que se suma á iniciativa de ANABAM de dar unha recompensa económica para quen facilite datos que conduzan ata os autores dese terrible acto.  Así, pois, pasamos dos 1.600 euros no que estaba a recompensa aos 2.500 euros actuales grazas á aportación de 900 euros que dona a citada Comunidade.         

 Tal e como vimos dicindo, a persoa ou persoas que faciliten datos van quedar no anonimato polo que pode estar seguras que ninguén saberá quen aportou os mesmos. Queremos apelar á conciencia cidadana para acabar con este tipo de mortes violentas, que parecen máis obra de sádicos que de xente civilizada.   

ENTIDADES E PERSOAS QUE COLABORAN NA RECOMPENSA:
· ANABAM 
· ASOCIACIÓN DE GANDEIROS DE CABALOS DA SERRA DA GROBA 
· COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE MOUGÁS 
· COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE VILADESUSO 
· PERSOA ANÓNIMA (Santiago de Compostela) 
· PERSOA ANÓNIMA (Madrid) 
· PERSOA ANÓNIMA (Bilbao)

* Presidente da Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

Ningún comentario:

Publicar un comentario