5 de feb. de 2019

GOIÁN

CINEMA

DHOGS NO CINECLUB POLEIRO
UN TRILHER DE CINE INDEPENDENTE GALEGO DIRIXIDO POR ANDRÉS GOTEIRA
  
 Rita Alonso / Goián

  O xoves, 7 de febreiro, ás 21:30, no auditorio de Goián, o cineclub Poleiro, proxecta DHOGS, dirixida por Andrés Goteira. Unha producción independente galega en lingua galega. Un thriler impredecible e misterioso cos actores Miguel de Lira, Melania Cruz, “Morris”, Carlos Blanco e María Costas 

 Sinopse: Mentres unha extraña personaxe cruza as rúas da cidade ao volante do seu  taxi, no bar dun luxoso hotel está Alex, una muller que disfruta da súa última copa sen ser consciente da multitude de acontecementos que a van  sacudir nas próximas horas. Unha aventura con un executivo será o comenzó cara a unha espiral de violencia sen sentido aparente que a leva a  un labirinto de sofrimento que non pode controlar.  

 O xoves 7 de marzo proxectamos COLD WAR do director polaco Pawel Pawlikowski.   

 Sinopse: Coa guerra fría como telón de fondo ColdWar presenta una paixoada historia de amor entre duaspersoas incompatibles pola diferente orixe e temperamento pero cuxo destino condena a estarenxuntas.  

  O xoves 4 de abril, L´AMANT DUN JOUR, un filme de Philippe Garrel. Unha producción francesa que conta a historia dunha muller de 23 anos que volta a vivir co seu pai despois dunha ruptura e descubre que ten una relación cunha moza da súa idade.  

 O xoves 9 de maio pecha o ciclo WESTERN unha fita de Valeska Grisebach.  

 Unha producción alemana sobre a inmigración. Conta a historia dunha cuadrilla de obreiros alemans que construen una presa nun pobo búlgaro. As súas malas maneiras non son ben vistas polos veciños e xurde o conflicto.   

 Bono socio para as catro películas 10 euros.

 O cineclub Poleiro contaco apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario