REMO ERGÓMETRO
DAMIÁN E ÓSCAR ALONSO ALONSO, PARTICIPARÁN NO CAMPIONATO DO MUNDO DE REMO ERGÓMETRO
· Que se disputará o próximo día 24 de febreiro de 2019 en Long Beach ( California) EE. UU.
Na imaxe de arquivo, os irmáns Damián e Óscar Alonso Alonso nunha competición internacional precedente
Foto: F.
Infogauda / Deportes
A Federación Mundial de Remo (FISA), en asociación con Concept2, USRowing e a Asociación de Remo de Long Beach, é, neste 2019, sede do segundo Campionato Mundial de Remo Ergómetro e do Campionato Nacional de Remo de Ergómetro inaugural de EE. UU. que se celebrarán o día 24 de febreiro de 2019 na Walter Pirámid, de Long Beach (California).
Desde A Guarda, os irmáns Damián e Óscar Alonso Alonso, acudirán a ese evento deportivo internacional no que participarán 2.500 dos mellores deportistas de remo ergómetro de 33 países de todo o mundo.
Como dixo Damián Alonso, logo do “último duro adestramento en España”, antes de comezar a viaxe rumbo a Los Ángeles: “Unha nova aventura, un novo Campionato do Mundo, unha nova cidade. Expectativas altas, como sempre, pero só o domingo sairemos de dúbidas”.
E dirixíndose a seus compañeiros de expedición Marcos César Morales e Óscar Alonso Alonso, dixo: “Hai que traerse algunha medalla, eh!”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario