EXCURSIÓN A GUIMARÂES E BRAGA (PORTUGAL)
· O día 6 de abril de 2019, ás 8:30 h., desde á Alameda, de A Guarda
Infogauda / A Guarda
A Asociación do Traxe Galego organiza unha excursión de un día a Guimarâes e Braga (Portugal).
O programa previsto é o seguinte:
O día 6 de abril de 2019, ás 8:30 h., desde á Alameda de A Guarda, saída en dirección a Portugal, para visitar Guimarâes, coñecida como o "Berce de Portugal", onde se visitará a fortaleza, o pazo dos duques de Bragança e seu famoso salón de armas, o antigo Pazo do Concello, etc., ademáis de visitar a Capela da Virxe da Penha.
Xantar.
Pola tarde visita a Braga, coñecida como a "Roma portuguesa", pola súa concentración de arquitectura relixiosa, súa antiga Sé Catedral, Igrexa do Pópulo, Praza da República, Pazo Episcopal de Braga, etc..
Os prezos son os seguintes: Socias: 33 euros; non socias: 35 euros.
O prezo inclúe autocar de turismo, guía acompañante, seguro de viaxe e xantar (inclúe auga e viño).
O prezo non inclúe as entradas os monumentos.
A excursión realizarase con un mínimo de 35 persoas.
Os teléfonos de información son os seguintes: 685 808 889 e 689 855 714
Ningún comentario:
Publicar un comentario