O Coro do conservatorio de música de A Guarda ofrecerá un concerto en Vigo
· Será o vindeiro sábado día 16 de febreiro, ás 19:45 horas,na Parroquia de Nosa Sra. da Soidade
Coro do conservatorio de música de A Guarda
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Coro do conservatorio de música de A Guarda formado por 40 compoñentes, desplazaránse o sábado día 16 de febreiro ata Vigo. Na cidade olívica ofrecerán un concerto ás 19:45 horas, na Parroquia de Nosa Sra. da Soidade (Rúa Feliciano Rolán, 8), dirixido polo profesor Bruno Díaz González.
Este concerto forma parte dunha das actividades programadas polo conservatorio para completar a formación dos alumnos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario