Mellora da iluminación da Rúa Pontevedra
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda ven de mellorar a eficiencia enerxética da Rúa Pontevedra, no casco urbano da vila, coa instalación de novos puntos de iluminación de tecnoloxía led co que se prevé un aforro enerxético aproximado dun 70%.
Desde o executivo municipal indican que “nesta mellora, elimináronse os 6 puntos de luz existentes nesa rúa e instaláronse 3 novos puntos de luz que dan unha cobertura completa á totalidade desta rúa cunha iluminación moito máis eficiente que suporá un aforro, non só na factura de electricidade, senón tamén no consumo e unha mellora substancial na calidade da iluminación deste espazo”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario