21 de feb. de 2019

A GUARDA

Citas para a renovación do DNI 

· Na Guarda no segundo trimestre de 2019  

 Infogauda / A Guarda

 O luns día 4 de marzo de 2019 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondentes ao segundo trimestre de 2019.  

 A apertura do prazo para a solicitude de novas citas nos meses abril, maio e xuño, ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o luns día 4 de marzo de xeito presencial de 8:30 a 14:00 horas, na Casa dos Alonso, e a partires do 5 de marzo de xeito telefónico no 986 610 000 nas extensións 1 e 2.  

 Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web cita DNI.

Ningún comentario:

Publicar un comentario