26 de feb. de 2019

A GUARDA

A COMUNIDADE DE MONTES DE A GUARDA ESTÁ PREPARANDO UNHA PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS E CARBALLOS

· No Monte Santa Trega, e nunha superficie de 41.400 metros cadrados



Namentras un operario e un tractor da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de A Guarda efectúan os buracos previos á plantación, estáse facendo un control arqueolóxico na zoa de traballo
Foto: C.MM.VV.M.C. A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Logo de obter os permisos de Patrimonio, a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de A Guarda, comezou onte luns día 25 de febreiro, seguindo a día de hoxe, a realizar os buracos no Monte Santa Trega, cun control arqueolóxico, para a plantación de castiñeiros e carballos.  

 Esta plantación realizarase no polígono 24 e parcelas 10001 e 10002 nunha superficie de 41.400 m², onde no ano 2.018 erradicáronse uns 317 eucaliptos de gran tamaño ademais de acacias.  

 Estes labores de perforación realizaranse durante aproximadamente cinco días, adicando dous días máis para o abono, e para a plantación están previstos os días 13, 14 e 15 de marzo. 

 Para esta actuación, envióuselle un escrito os colexios para os alumnos que queiran participar nesta plantación poidan facelo, tendo xa  confirmación dalgún colexio.  

 Ademais, esta comunidade de montes, vai instalar antes do 30 de marzo, 447 metros de varanda en dous atallos, para a comodidade e protección das persoas que usan os devanditos atallos.  E bordeando, unha zona axardinada a carón da nova plantación para evitar a entrada de vehículos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario