Apertura do parque de patinaxe Atalaia
· O sábado día 2 de marzo, desde ás 10:00 horas
Infogauda / A Guarda
No mes de agosto de 2018 iniciáronse no porto de A Guarda as obras de ampliación da zona deportiva existente e a preparación dos terreos para albergar a nova pista de patinaxe, zona deportiva e de ocio infantil.
Esta actuación, financiada en parte polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, ven a cubrir as necesidades dun colectivo en auxe ao longo dos pasados anos e que precisa dunhas instalacións axeitadas para a práctica deportiva, sendo a patinaxe unha modalidade deportiva de referencia na Guarda, atraendo dinamismo a este espazo urbano.
O proxecto incluíu a ampliación do espazo existente en 12 metros para desprazar a pista multiusos existente e albergar o novo parque de patinaxe, que conta cun cunco e diferentes equipamentos fundamentais para a práctica deste deporte, cunhas dimensions de 46m x 18,20m.
Este sábado día 2 de marzo celebrarase a apertura oficial desta nova infraestrutura deportiva, cunha programación de actividades que terán comezo ás 10:00 horas, e que prolongaranse ata as 17:00 horas.
O evento, organizado pola Asociación Galifornia Beat! e que conta coa colaboración do Concello de A Guarda e da Deputación de Pontevedra, inclúe amenización musical en directo, zona de xantar e diferentes competicións deportivas.
Participarán na actividade importantes especialistas a nivel nacional e internacional.
Programa:
10:00h – Pista libre
12:30h – Concertos
14:00h – Xantar
15:00h – Patinada libre premiada
17:00h – Entrega de premios
Ningún comentario:
Publicar un comentario