26 de feb. de 2019

A GUARDA

A unidade móbil de doazóns de sangue visitará A Guarda

 
O luns e o martes, días 4 e 5 de marzo

 Infogauda / A Guarda

 A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará a nosa vila,  o vindeiro luns día 4 e o martes día 5 de marzo.  Estará emprazada na rúa Rosalía de Castro (a carón do Centro Cultural) o luns 4 de 10:00 á 14:00 e de 16:30 á 21:00 horas; e o martes 5 de 16:30 á 21:00 horas.

 Grazas ao emprego destas unidades móbiles o Centro de Transfusión de Galicia, intenta facilitar a todos os cidadás o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan diariamente nos hospitais galegos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario