13 de feb. de 2019

A GUARDA

CULTURA

Ciclo de Música Coral

· Este sábado día 16 de febreiro de 2019, ás 20:30 horas, no Centro Cultural da Vila



Infogauda / A Guarda

  O vindeiro sábado día 16 de febreiro arranca no Centro Cultural de A Guarda o Ciclo de Música Coral, contando nesta edición coa participación do Coro Diapasón de Ferrol, o Coro Arpegios de A Guarda, e o Coro Cantábile de A Guarda. 

 A cita será ás 20:30 horas no salón de actos do Centro Cultural con entrada de balde.

 Dende a Concellería de Cultura convídase a toda a cidadanía a asistir a este concerto e gozar da música coral, cun  repertorio moi variado no que se mesturan as cancións galegas con cancións moi afamadas e coñecidas por todos de artistas e bandas coma os Beatles ou tamén temas clásicos.  

CORO CANTÁBILE 

Coro Cantábile
Foto: David Martínez Suárez 

 O Coro Cantábile é un grupo de canto coral de persoas de diferentes idades. Nace no ano 1986 como Coro da Catequese para máis tarde pasar a chamarse Coro Arpegios, primeiro infantil e despois xuvenil de voces mixtas. Durante a súa traxectoria percorreron varios lugares de España (País Vasco, Barcelona, Madrid,…), Portugal e Francia, acadando un gran nivel grazas ao esforzo e adicación, polo que teñen recibido premios en concursos de Galicia e outras cidades de España. Asemade contan con dous traballos discográficos “Canto A Guarda” e “XX años cantando”, baixo a dirección de José Luis Lorenzo Rodríguez. 

 Case o 100% do seu repertorio foi composto ou arranxado por José Luis Lorenzo Rodríguez destacando obras inéditas premiadas nos años 1995, 1997 e 2002 no “Festival de Villancicos de Caixanova de Vigo”. 

 No ano 2007 asume a dirección Lucía Alonso Castro, realizando unha labor de continuación ata o 2016, ano no que toma a batuta Avelino Ferreira López.

Coro Arpegios
Foto: David Martínez Suárez

 Do coro inicial formáronse as dúas agrupacións actuais, Arpegios como coro infantil e Cantábile, que seguen promovendo a cultura musical e o canto coral baixo a dirección de Avelino Ferreira López. 

CORO DIAPASÓN

Coro Diapasón
Foto: C. D.

 O Coro Diapasón nace en Ferrol no ano 2010 a partires dun obradoiro de música coral contemporánea, debutando no ano 2011 e facendo concertos dende ese ano ao longo da xeografía galega e tamén no resto de España baixo a dirección de Juan M. Brage Rabina.

Ningún comentario:

Publicar un comentario