1 de feb. de 2019

A GUARDA

UNHA CORPORACIÓN FORMADA POR ALUMNADO DO IES A SANGRIÑA PARTICIPOU NUN PLENO ESCOLAR NO CONCELLO DE A GUARDA


O alcalde de A Guarda e a concelleira de Cultura deron a benvida a Corporación formada por unha representación do alumnado 
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O pasado xoves día 31 de xaneiro de 2019 celebrouse no Salón de Plenos do Concello de A Guarda unha sesión do Pleno Escolar que se celebra con carácter anual e que nesta edición contou coa participación das alumnas e alumnos do IES A Sangriña, de 1º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas e de 2º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa, contando entre o público asistente con usuarios do Centro San Xerome, o alcalde de A Guarda e a concelleira de Cultura. 


 A corporación do alumnado no decurso da sesión plenaria de onte

 A Corporación Municipal do alumnado, estivo composta do seguinte xeito: 

GRUPO MUNICIPAL PSOE: Neftalí González Rivas (alcalde), Gabriel Álvarez Alonso, Cristian Lomba Álvarez, Jorge Lomba Álvarez, Ana Mª González Méndez, Laura Rodríguez Rodríguez, (2º CMXA) e Jennifer Barbosa Álvarez, (2º CMXA).

GRUPO MUNICIPAL PP:  Sandra Sobral Enes, Leticia Martínez Villasenín, Laura Villa Rivero, José Luis Linárez Carrasco e Borja Araújo Alonso, (2º CMXA). 

GRUPO MUNICIPAL BNG: Jéssica González Martínez, Marisa Araújo Rodrigues e Carlota Otero Giráldez. 

GRUPO MUNICIPAL MIXTO: Victoria Portela Blanco e Ángeles Villasenín Álvarez.  


Unha representación da cidadanía tamén estivo presente como público no decurso da sesión plenaria da mocidade escolar

 Esta actividade realizase co fin de que os alumnos e alumnas guardeses se involucren nas institucións democráticas e participen na política municipal traballando con propostas e mocións, que foron moi debatidas durante a sesión plenaria.  

ORDE DO DÍA:   
• Punto 1. Aprobación acta da reunión anterior. 
• Punto 2. Información da Alcaldía sobre os traballos de remodelación e actualización do alumbrado público.  
• Punto 3. Información da Alcaldía do estado das obras de humanización de Concepción Arenal 
• Punto 4. Proposta da Alcaldía sobre a creación do programa permanente de formación para persoas en paro.  Aprobada  por unanimidade.
• Punto 5. Proposta do grupo muncipal do BNG para a organización de actividades no Castelo de Santa Cruz e promoción do turismo.  
• Punto 6. Proposta do grupo municipal do PP para a creación da oficina municipal de promoción, información e tramitación de iniciativas para o emprendemento e o autoemprego.
• Punto 7. Proposta do grupo municipal mixto sobre a creación do “Polideportivo A Guarda”. Aprobada. 
• Punto 8. Rogos e preguntas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario