31 de xan. de 2019

TOMIÑO

O CRA conmemorou o Día Escolar da Non Violencia e a Paz cunha instalación no Mercado Municipal 

· A acción é o resultado de que cada familia aportase un tarriño de cristal, poñendo dentro un recordo importante e valioso  


Esta instalación é o resultado de que cada familia aportase un tarriño de cristal, poñendo dentro un recordo importante e valioso do seu tempo
Foto: C. T.

Infogauda / Tomiño

 O CRA (Colexio Rural Agrupado) Mestre Manuel Garcés conmemorou o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, cunha instalación no Mercado Municipal. Para celebrar dita conmemoración, como vén facendo en datas sinaladas, o centro fixo unha instalación no Mercado de Tomiño coa que pretenden implicar a toda a vila, a través da súa participación.  

 Esta instalación é o resultado de que cada familia aportase un tarriño de cristal, poñendo dentro un recordo importante e valioso do seu tempo. 

 “Con todos este tarriños montamos a instalación no Mercado de Tomiño empregando unha rede mariñeira, co fin de facer un guiño ao noso proxecto deste ano, que está dedicado ao mar”, explican dende a dirección do CRA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario