CORES TOURÍS COMPROBA O INICIO DA EXECUCIÓN DE BEIRARRÚAS NA ESTRADA PO-552 EN OIA
· O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra explicou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina a estes traballos 48.400 euros
· Dotarase así dunha senda na marxe esquerda da estrada ao longo de 350 metros
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís coa alcaldesa de Oia, Cristina Correa Pombal e técnicos da Xunta de Galicia
Fotos: X. G.
Infogauda / Oia
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Oia para comprobar o inicio dos traballos de execución de beirarrúas na marxe esquerda da estrada PO-552.
Na visita estivo acompañado pola alcaldesa da localidade, Cristina Correa Pombal, así como polo xefe territorial de Infraestruturas en Pontevedra, José Luis Díez e o xefe da Axencia de Infraestruturas, Fausto Núñez.
A obra conta cun orzamento de 48.400 euros e un prazo de execución aproximado de tres meses. “Deste xeito, dende a administración autonómica damos cumprimento a unha demanda efectuada pola alcaldesa que ten como obxectivo mellorar a seguridade viaria neste tramo urbano do municipio”, afirmou Cores Tourís.
O proxecto supón a execución dunha senda pola marxe esquerda da estrada entre os puntos quilométricos 33+910 e 34+240 para completar o itinerario peonil entre a escola infantil e a casa consistorial, na travesía de Oia. “Con estas obra poñemos en marcha os últimos 350 metros de beirarrúas que facilitarán o acceso a estes dous edificios”, engadiu Cores Tourís.
O delegado territorial tamén destacou que xa, no pasado verano, a Axencia de Infraestruturas realizou, a través dun contrato de conservación, unha mellora superficial das beirarrúas xa existentes na marxe dereita desta travesía, ao longo de 250 metros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario